Realizar sexting ou producir imaxes íntimas propias nun formato dixital e cedelas a outras persoas é unha decisión persoal. Pode que ti atopes moitos motivos para facelo. Aquí queremos compartir contigo outras 10 razóns polas que o sexting se pode converter nunha práctica de risco.
Cres que controlas ti? Xa non é algo que depende de ti. Alguén máis pode tomar decisións.
Cres que non sería capaz de facerche dano nunca? As cousas da vida cambian sentimentos e, ás veces, grandes amantes vólvense maiores inimigos.
Consideras que esa persoa protexe ben o voso segredo? É moi complicado poder garantir unha seguridade total.
Cres que se pode enviar e autodestruír? Cres que unha imaxe dixital se pode controlar? Toda imaxe que aparece nunha pantalla é irrecuperable para sempre.
Pensas que aínda sen figurar o teu rostro serás irrecoñecible? Adornos, tatuaxes, piercings... o número ligado ou quen ten a foto pode revelar a túa identidade.
Non lle digas a ninguén que che enviei esta foto. Moito menos a ela. Cres que por ser o teu corpo ou o da túa parella podes facelo? Se é menor de idade, supón delito de produción, posesión ou distribución de pornografía infantil.
Pensas que sabes a quen lle poden chegar esas imaxes? Unha imaxe de sexting en mans inadecuadas supón rico de sextorsión.
Cres que podes quedar á marxe do poder da Rede cando che convén? As imaxes de sexting poden chegar a Internet, a canle de difusión máis potente nunca coñecida.
Considéraste descoñecida entre os millóns de persoas de calquera lugar que están na Rede? Internet e as redes sociais axudan a que te atopes coas persoas coas que podes ter cousas en común.
Que pensas que sucederá se a túa imaxe privada circula ou é publicada sen o teu permiso? Hai persoas que parecen gozar facendo dano. Para elas serás culpable e converterante na súa vítima.